Antigos membros
Catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade da Coruña dende 1996. Doutor en Dereito na Universidade Complutense de Madrid (1983) na que foi profesor dende 1979 e profesor titular dende 1988 ata 1996. Foi profesor-investigador no Instituto Universitario Ortega e Gasset de Madrid, onde foi Secretario da Revista de Occidente e Director do Centro de Estudios Orteguianos. Ten impartido seminarios e conferencias en varias Universidades e institucións nacionais i extranxeiras. Autor, entre outros, dos libros A teoría da minoría selecta no pensamento de Ortega e Gasset (Tecnos, Madrid, 1986), Dereito e linguaxe: A filosofía de Wittgenstein e a teoría xurídica de Hart (Servizo de Publicacións da Universidae da Coruña, 1996), O crepúsculo de Europa. O espírito da cultura europea (Fundación Iberdrola, Madrid, 2006).
Doutora en Dereito (2001) pola Universidade da Coruña con premio extraordinario de Doutoramento. Na actualidad é a Directora do Centro Asociado de A Coruña da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Autora do libro Positivismo metodolóxico y racionalidade política. Unha interpretación da teoría xurídica de Carlos S. Nino (Comares, Granada, 2002).
Licenciado en Filosofía e doutor en Dereito pola Universidade de Navarra. Ampliou estudos no Bentham Project (University College London), no Seminar für Staatsphilosophie und Rechtspolitik (Universität zu Köln) e no International Center for Transitional Justice (New York). Autor dos libros Dereito i expectativa. Unha interpretación da teoría xurídica de Jeremy Bentham (Eunsa, Pamplona, 2000), A Constitución como orden de valores. Problemas xurídicos y políticos (Comares, Granada, 2005) e Estudos sobre o neoconstitucionalismo (Porrúa, México, 2006).
Licenciado en Dereito pola Universidade de Piura (Perú) e doutor en Dereito pola Universidade da Coruña (España). É autor de mais dunha ducia de libros e numerosos artigos nos seguientes campos de investigación: Filosofía dos Dereitos Humanos; Técnicas de interpretación constitucional, en particular cara a determinación do contido constitucional dos dereitos fundamentais; Dereito Procesual Constitucional. Actualmente é profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Piura (Perú) e Decano da súa Facultade de Dereito.
Licenciado en Dereito pola Universidade Austral (Bos Aires, Arxentina) e doutor en Dereito pola Universidade da Coruña (España). Investigador do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET- Arxentina) e Profesor Asociado de Filosofía do Dereito na Universidade Austral (Bos Aires, Arxentina). Os seus traballos de investigación teñense ocupado do positivismo xurídico anglosaxón contemporáneo e da teoría da intrepretación e aplicación vinculada á obxectividade do Dereito. Actualmente traballa sobre os límites da discrecionalidade xudicial e as aportacións das teorías das virtudes da decisión xudicial. É autor dos libros El debate sobre el positivismo jurídico incluyente. Un estado de la cuestión (Universidade Nacional Autónoma de México, México, 2006) e Objetividad y determinación del Derecho. Un diálogo con los herederos de Hart (Comares, Granada, 2009). Editor do libro colectivo Ley, Moral y Razón. Estudios sobre el pensamiento de John M. Finnis a propósito de la publicación de la 2ª edición de Ley Natural y Derechos Naturales (UNAM, México, 2013) e coeditou xunto co Prof. Dr. Pedro Serna o libro El caballo de Troya del positivismo jurídico. Estudios críticos sobre el inclusive legal positivism (Comares, Granada, 2010).