Liñas de investigación actuais

  1. Política e Dereito
    Analise dos procesos de redefinición das relacións entre a política e o dereito.
    Transformación dos sistemas xurídicos contemporáneos.
    Constitucionalización e superación do marco do Estado.
    Interpretación e argumentación xurídicas, especialmente no nivel constitucional. Estudio dos modelos normativos actuais e desenvolvemento de modelos alternativos.
    Transformación da propia política. Debilitamento das estructuras sólidas da modernidade. Irrupción dun paradigma de "política postmoderna". Crise económica e financeira actual. Proxección sobre o futuro da Unión Europea e de España.
  2. Bioética e Biodereito
    Dereito e Bioética. Aspectos metodolóxicos e aspectos substantivos.
    Toma de decisións biomédicas. Fundamentación e métodos. Análise e propostas de complemento a partir da teoría do dereito, as teorías da argumentación xurídica e a teoría dos dereitos fundamentais.
    Bioética e dereitos humanos.
    Xustiza e saúde.
    Bioética e terapia ocupacional.
    Bioética, discapacidade e dependencia. Concepcións filosóficas e xurídicas da discapacidade.
    Autonomía do paciente. Fundamentación filosófica e xurídica. Autonomía decisoria. Autonomía funcional. Autonomía informativa.
    Intimidade, confidencialidade e segredo. Datos da saude. Información xenética. Historia clínica.
    Obxeción de conciencia sanitaria.
    Decisións ao final da vida. Planificación anticipada da atención e os coidados.
    Comités de ética e método deliberativo. Comités de ética asistencial. Comités de ética na intervención social.
    Dereito, Ética e Biotecnoloxía.
    Bioloxía sintética.